21 may 2009

VIDEOLABEL _ Publicación 11

A finais da primavera renovamos as publicacións no Videolabel, tras unha tempada en stop, volvemos coa publicación _ 11, a cargo de Nela Que.

http://www.alg-a.org/videolabel

AF m´n klein gedicht” Poema visual inspirado no libreto da periférica Ópera OFF, da que podedes escoitar a banda sonora no NETLABEL alg-a http://www.alg-label.com/OFF-Opera-Fonetica-Forte e visualizar un dos seus vídeos promocionais en http://vids.myspace.com

AF m´n klein gedicht ou o que é o mesmo "Off mi pequeño poema" é un traballo audiovisual que foi creado como quen pinta un cadro...recompilando e creando fotogramas, xerando unha composición...contando unha historia silenciosa pero intensa cargada de emoción e sentimentos, como quen escribe un poema... Xogando como un dadá...dándolle a categoría de exquisito a un cadáver visual reanimado con música e xesto...esgotado en palabras... Autotempo...

Off (Ópera Forte Fonética) é un diálogo permanente e explícito entre a palabra e a linguaxe non verbal. Como todas as óperas, é un pacto secreto ou invisible entre o xesto, a música, a palabra e a imaxe. Esta relación entre os elementos artífices da comunicación, normalmente ocultos ou marxinados baixo a trama na ópera tradicional, vólvense visibles en Off, transfórmanse no argumento principal. Deste xeito, os elementos que conforman o conxunto dunha ópera (palabras, xestos, son, imaxe, espazo-escenario e público) convértense aquí en persoaxes e actores…é un intento de rescatar e poñer en primeira fila argumental eses residuos emocionais, non verbais, que habitualmente quedan anulados polo peso doutros elementos inherentes ao espectáculo…unha posible historia da linguaxe dentro dunha ópera.

Dexexamos que sexa do voso agrado... disfrutáde o recital...

NELA QUE


No hay comentarios: